O Pontevedra segue dando baixas e prescinde do adestrador de porteiros, Jaime García Formoso
Por Ramiro Espiño
O corpo técnico que levou ao Pontevedra de regreso á Segunda División B non estará ao completo na tempada próxima a comezar. Se o club anunciaba o acordo para renovar a Luisito, xunto a Pepe Rico como segundo adestrador e o preparador físico Roberto Valdés, non sucederá o mesmo co adestrador de porteiros, Jaime García Formoso, que se encontrou coa desagradable sorpresa de que non entra nos plans dos dirixentes para continuar co seu labor.
Ante o silencio por parte do club con respecto á súa situación e a inmediatez do inicio da pretempada, o técnico pontevedrés púxose en contacto con Roberto Feáns para coñecer as intencións do Pontevedra e se debía comezar a planificar a preparación dos porteiros. Na reunión mantida o xoves, día 16, Roberto Feáns fíxolle saber a Jaime García que o seu contrato non sería renovado, segundo confimó a PontevedraViva o propio técnico: "Roberto me dijo que no contaban conmigo y que querían una persona con un perfil diferente al mío".
A decisión do club non sentou ben a Jaime García Formoso: "Conmigo no van a tener problemas. Soy de Pontevedra y quiero al Pontevedra, pero quizás por eso podían habérmelo hecho saber antes y no esperar a que yo preguntase qué pasaba conmigo. No me molesta que no me renueven, estas cosas pasan en el fútbol, lo que me molesta son las formas, la falta de tacto, ya que podían habérmelo dicho antes, lo que me permitiría buscar otras opciones en otros equipos, ya que ahora lo tengo mucho más complicado. No hubiera costado nada y sería más elegante decírmelo con claridad al terminar la fase de ascenso".
Jaime García Formoso levaba como adestrador de porteiros as dúas últimas tempadas, primeiro ás ordes de Nando, logo de Manu Fernández e dende a súa chegada con Luisito. Agora súmase á xa numerosa lista de baixas dun Pontevedra que segue abrindo a porta de saída a protagonistas do ascenso, pero ao que continúa sen chegar nin unha soa cara nova a falta de escasos días para o comezo dos adestramentos.
Relacionadas:
-
Primeiros reforzos para o novo proxecto do Pontevedra en Segunda B
Por Diego Espiño |
-
O Guijuelo, primeiro escollo do Pontevedra no seu regreso á Copa do Rei
Por Redacción |
-
O Guijuelo, primeiro rival do Pontevedra no seu regreso á Segunda División B
Por Alejandro Espiño |
-
Fran Fandiño deixa o Pontevedra e marcha cedido ao Arosa
Por Ramiro Espiño |
-
Ratifican a composición dos grupos de Segunda B: o Pontevedra xogará contra os navarros
Por Alejandro Espiño |
-
Acordo con Luisito para prorrogar o seu contrato por unha tempada
Por Redacción |