Real Valladolid, Marcón Atlético, UD Ourense e Portonovo, rivais de pretempada do Pontevedra
Por Ramiro Espiño
Primeiros rivais de pretempada para o Pontevedra CF. Os granates pecharon xa catro partidos amigables de preparación. Aínda sen confirmar os horarios de cada un deles, o club anunciou na tarde deste mércores que o primeiro será o sábado 1 de agosto, en Pasarón, fronte ao Real Valladolid.
Os tres partidos restantes xogaranos os de Luisito a domicilio. O mércores día 5 de agosto repetirán choque da pasada pretempada, e enfrontaranse ao Marcón Atlético no Carrasco, en agradecemento ás facilidades que este club deu sempre aos granates para adestrar nas súas instalacións.
O mércores 12 de agosto o equipo desprazarase a Ourense, para xogar no campo do Couto fronte ao UD Ourense, en disputa do I Memorial CD Ourense.
E o último partido confirmado polo momento será fronte ao Portonovo, en Baltar, o sábado 15 de agosto, nun dos choques clásicos do verán, coa disputa do XLV Trofeo Leopoldo González Agís.
ANXO RENOVADO
Igualmente o club informou oficialmente da renovación por un ano de Anxo. O xogador de Ribeira tiña unha cláusula no seu contrato que lle concedía tal renovación en caso de ascenso, como así sucedeu, e desta forma fai efectivo o contido da devandita cláusula, aceptando as condicións propostas para seguir unha tempada máis.
Pola contra son baixa definitiva Rubén Lobato e Benja. O madrileño finalizaba o seu período de cesión, mentres que o dianteiro, que non tivo sorte coas lesións, finalizaba contrato. En ambos os dous casos o club non considerou oportuno ofrecerlles a renovación, sendo así as primeiras baixas confirmadas no equipo que conseguiu ao ascenso.
Ao longo da presente semana espérase que o resto de compoñentes do equipo vaian desfilando por Pasarón para coñecer as intencións do club e a súa situación, despois da reunión de traballo que Luisito e Roberto Feáns mantiveron na tarde deste mércores.
Relacionadas:
-
Primeiros reforzos para o novo proxecto do Pontevedra en Segunda B
Por Diego Espiño |
-
Tomás, Bruno e Adrián seguen no Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
O Pontevedra busca saída para Jorge Rodríguez que non entra nos plans de Luisito
Por Ramiro Espiño |
-
Galicia, Asturias, Castela-León, Cantabria, Rioja, Navarra e o Cacereño, rivais do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Ás voltas coa composición do Grupo I da Segunda B
Por Redacción |
-
Acordo con Luisito para prorrogar o seu contrato por unha tempada
Por Redacción |
-
O núcleo duro do equipo, con contrato en vigor
Por Diego Espiño | Creada e actualizada