Machada do Marín que vence a domicilio (0-1) ao Choco e encadea seis xornadas sen perder
Por Redacción
Sexta xornada consecutiva do Marín sen coñecer a derrota e segundo triunfo encadeado fronte ao rivais da zona alta que lle serven para abandonar os postos de descenso, a expensas do que fagan Lalín e Arenteiro. Os de Toño Lodeiro asinaron unha nova machada logrando un triunfo a domicilio ante o Choco (0-1), un dos equipos que pelexa por unha praza de ascenso a Terza.
Un gol de penalti, transformado por Agus ao fío do descanso foi suficiente para decantar un partido dominado polo Choco, pero no que os redondelanos se estrelaron co gran partido defensivo dos marinenses, así como coa excelente actuación baixo paus do debutante Iago Solla, que asinou dúas paradas espectaculares en remates de Manu Lojo e Gabri.
O Marín puido sentenciar no segundo período, cun disparo de Eric que repeleu o longueiro, pero pouco despois chegou a rigorosa e absurda segunda tarxeta a Joaquín, por demorarse na súa retirada do terreo, que deixaba o Marín en inferioridade nos últimos 20 minutos. Aínda así, sufrindo, os de Toño Lodeiro souberon aguantar sen grandes angustias.
C.D. CHOCO (0): Cortegoso, ÿscar Blanco, Muíños, Adrián Arias (Fernando, min.78), Pelouro (Julio, min.51), Caloi, Míchel, Manu Lojo (Julián, min.72), Ropero, Adrián Buján (Gabri, min.51) e Diego.
MARÍN C.F. (1): Iago Solla, Edu Corrales, Hayk, Tinaia, Adrián, André (Javi Abilleira, min.86), Eric (Romero, min.88), Joaquín, Dani, Agus e Alfonso (Villaverde, min.78).
Goles: (0-1) Minuto 43: Agus, de penalti.
Árbitro: ÿscar Pozo Álvarez (Ourense). Amoestou a Adrián Arias, Caloi, Ropero, Gabri, Hayk, Tinaia e Adrián, ademais do segundo adestrador marinense Juan Abad. Expulsou por dobre amoestación a Joaquín (min.71).
Incidencias: Campo de Santa Marina. 200 espectadores.