O núcleo duro do equipo, con contrato en vigor
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Sen tempo que perder o Pontevedra púxose a planificar a próxima tempada tras conseguir o ascenso de categoría. A entidade granate deberá traballar contra o reloxo tendo en conta que os seus rivais levan xa varias semanas anunciando fichaxes e confeccionando os seus respectivos planteis.
O Pontevedra centrouse ata agora en exclusiva no play-off de ascenso, pero conta coa tranquilidade de que o núcleo duro do equipo conta con contrato en vigor.
Ata 14 futbolistas teñen asinado un ano máis co cadro granate, aínda que non necesariamente todos eles continuarán ás ordes de Luisito, que seguirá a ser o inquilino do banco de Pasarón aínda que non se oficializara polo momento o seu novo contrato co club.
O técnico traballará co responsable deportivo do Consello de Administración, Roberto Feáns, na planificación do plantel contando coa opinión da presidenta, Lupe Murillo.
Dos xogadores que teñen contrato co club atópanse algúns dos piares do equipo do ascenso, como o guardameta Edu Sousa ou o pichichi Pablo Carnero, que o pasado verán prorrogaron o seu vinculación co club por dúas campañas.
No mesmo caso están outros futbolistas que levan anos defendendo a elástica granate, como Fran Fandiño, Tubo, Pablo González e Kevin Presa. Ademais asinaron por dous anos no seu momento Campillo, Adrián Mouriño, Pedro García e Jorge Rodríguez.
Caso diferente é o de Jacobo, Anxo, Lloves e Álvaro Muñiz, que ao recalar no club de Pasarón comprometéronse ata final de tempada pero cunha cláusula que prorrogaba o seu contrato en caso de ascenso.
Pola contra rematan a súa vinculación co Pontevedra Benja, Tomás Abelleira, Capi, Miguel Centrón, Adrián Gómez e Rubén Lobato, que termina o seu periodo de cesión e regresa á canteira do Atlético de Madrid. Todo segundo os datos oficiais ofrecidos polo propio Pontevedra o pasado verán ao anunciar as contratacións e renovacións no plantel.
Ademais o club deberá decidir que sucede cos canteiráns Agus e Bruno Rivada, no caso do segundo peza importante no derradeiro tramo de liga tras ser repescado do Bertamiráns, equipo no que se atopaba cedido.
Relacionadas:
-
O Pontevedra busca saída para Jorge Rodríguez que non entra nos plans de Luisito
Por Ramiro Espiño |
-
Real Valladolid, Marcón Atlético, UD Ourense e Portonovo, rivais de pretempada do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Galicia, Asturias, Castela-León, Cantabria, Rioja, Navarra e o Cacereño, rivais do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Ás voltas coa composición do Grupo I da Segunda B
Por Redacción |
-
Acordo con Luisito para prorrogar o seu contrato por unha tempada
Por Redacción |
-
Feijóo homenaxea polo ascenso a un Pontevedra "que lle cae ben a todo o mundo"
Por Diego Espiño |
-
A Pedreira despide as celebracións do ascenso do Pontevedra coa recepción do Concello
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
Segue a festa do ascenso cunha recepción na Deputación e a foto oficial da tempada
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Luisito gaña a renovación e seguirá adestrando ao Pontevedra en Segunda B
Por Diego Espiño |
-
A festa do ascenso do Pontevedra en imaxes
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Estamos de volta! O Pontevedra repite ascenso e resultado (3-0) once anos despois ante un Pasarón abarrotado
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |