Segue a festa do ascenso cunha recepción na Deputación e a foto oficial da tempada
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Que siga a festa! O Pontevedra Club de Fútbol arrancou a semana como a rematou, celebrando o ascenso a Segunda B logrado o pasado sábado tras vencer o Haro Deportivo en Pasarón.
No medio de bromas, risas e bo ambiente, os xogadores, corpo técnico e a presidenta comezaron a semana realizando a foto oficial da tempada no estadio pontevedrés.
Tras esta cita a caravana granate dirixiuse en autobús á Deputación Pontevedra, patrocinador principal do club, para recibir unha homenaxe da institución provincial, sen a cal "hoy probablemente el Pontevedra no existiría", sinalou na súa intervención Lupe Murillo.
Arroupados por xogadores da canteira granate, os protagonistas do ascenso recibiron a felicitanción do que tamén é presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, quen gabou o ambiente vivido o sábado: "O que se puido ver no campo o sábado pasado foi o sentir maioritario desta cidade", explicou.
Louzán animou ao consello de administración a seguir traballando nesta liña porque "seguramente a meta do Pontevedra non está escrita na división de bronce do fútbol español, seguramente está máis arriba", engadiu.
Tamén se atreveron co micro o capitán do equipo, Adrián Gómez, e o adestrador, Luisito, que describiu como "un orgullo tremendo ver como el otro día Pasarón estaba lleno a reventar".
Tras unha comida de grupo, da que xa se ausentaron por motivos persoais Jorge Rodríguez e Rubén Lobato, o fin de festa está fixado para as 20:00 horas deste luns en Mugartegui, onde o Concello ofrecerá unha recepción oficial ao equipo.
Relacionadas:
-
Lupe Murillo reelixida por unanimidade presidenta do consello de administración do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Feijóo homenaxea polo ascenso a un Pontevedra "que lle cae ben a todo o mundo"
Por Diego Espiño |
-
O núcleo duro do equipo, con contrato en vigor
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
A Pedreira despide as celebracións do ascenso do Pontevedra coa recepción do Concello
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
Luisito gaña a renovación e seguirá adestrando ao Pontevedra en Segunda B
Por Diego Espiño |
-
A festa do ascenso do Pontevedra en imaxes
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Estamos de volta! O Pontevedra repite ascenso e resultado (3-0) once anos despois ante un Pasarón abarrotado
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |