A polo ascenso! 90 minutos separan ao Pontevedra de Segunda B
Por Diego Espiño
Chega a hora da verdade e esta vez non hai rede de seguridade nin segunda oportunidade. O Pontevedra xógase toda a tempada en 90 minutos no choque de volta da final polo ascenso ante o Haro Deportivo.
Os granates encoméndanse a Pasarón para remontar este sábado (20:30 horas) o resultado adverso de 1-0 da ida, e fano convencidos das súas posibilidades.
Pablo Carnero manterase ata última hora como principal dúbida no Pontevedra, que só conta coas baixas por sanción de Mouriño e Pablo González ao estar xa dispoñibles Adrián, Bruno e Benja superadas as súas respectivas lesións.
Luisito convocou a todos os seus futbolistas e decidirá a lista definitiva no mesmo Estadio Municipal de Pasarón, que se vestirá de gala para a ocasión.
O técnico de Teo ten clara a receita para superar un equipo rioxano que cualifica de "moi físico". Para gañar, mantén, "o que temos é que soltarnos e xogar con desparpaxo, soltos, senón vai todo na nosa contra".
"Temos que circular o balón, non facer ataques frontais, porque aí se beneficirían coas dúas liñas de catro coas que xogarán", predí un Luisito que esixiu intensidade aos seus dende o asubío inicial porque "son 90 minutos a todo ou nada, non queda outra".
O colexiado do encontro será o castelán-leonés Francisco Rivera García.
Relacionadas:
-
A festa do ascenso do Pontevedra en imaxes
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Estamos de volta! O Pontevedra repite ascenso e resultado (3-0) once anos despois ante un Pasarón abarrotado
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
11.000 adhesivos en defensa de Roelio, 'a mascota máis fea do deporte'
Por Redacción |
-
Pendentes do estado de Pablo Carnero
Por Diego Espiño & Anxo Lourido |
-
Sábado 20:30 horas, data escollida para a volta entre Pontevedra e Haro Deportivo
Por Redacción |