A selección de Australia enfrontarase ao Teucro como preparación do Mundial
Por Redacción
O Mundial de Balonmán, organizado por España, obrigou a parar a competición nas categorías nacionais ata o mes de febreiro, pero a actividade non cesa para a Sociedad Deportiva Teucro.
Javier Barrios convocou ao seu plantel este xoves día 3 ao primeiro adestramento do ano coa intención de realizar unha mini-pretemporada, un periodo de preparación que incluirá un encontro especial para os pontevedreses, que recibirán no Municipal a un dos rivais da Selección Española na primeira fase do Mundial, o combinado de Australia. O partido disputarase o vindeiro martes día 8 ás 19:30 horas con entradas a 5 euros, gratis para os socios da entidade.
Australia enfrontarase ao equipo nacional dirixido por Valero Rivera na terceira xornada do Grupo D, o día 15 de xaneiro.