Título galego infantil para o equipo masculino da Sociedad Gimnástica
Por Redacción
Papel protagonista da Sociedad Gimnástica no Campionato de Galicia de Clubs celebrado en Ribeira para as categorías benxamín, alevín e infantil.
A Escola Municipal do club pontevedrés, que patrocina o Instituto Municipal de Deportes, participou en todas as categorías masculinas e femininas.
Na maioría de categorías os atletas da Gimnástica loitaron polo podio, con mención especial ao equipo infantil masculino que se proclamou campión galego, con vitorias parciais de Juan Carlos Pérez nos 80 metros, Antón Martínez nos 150 metros, Pedro Santos nos 1.000 metros obstáculos, Pablo Boleas nos 80 metros valos, Marcos Villaverde en pértega, Yago Boleas no lanzamento de disco e o relevo 4x80 con Antón Paz, Juan Carlos, Álvaro e Antón Martínez.
Tamén conseguiron un triunfo parcial Inés Rodríguez en marcha benxamín, Carolina Santos no quilómetro alevín e o relevo 4x80 infantil feminino.