Xornada festivo-reivindicativa pola oficialidade das seleccións galegas
Por Redacción
Pontevedra será a sede este sábado dunha xornada convocada, por cuarto ano consecutivo, polo colectivo Siareiros Galegos co obxectivo de reivindicar a oficialidade das seleccións galegas nas diferentes modalidades deportivas.
Un completo cartel de actividades protagonizarán o día dende as 13:30 horas da tarde ata ben entrada a noite, tendo como prato forte un partido de fútbol entre Galicia e unha selección de xogadores do Kurdistán. Será ás 21.00 horas no campo da Xunqueira I, no que se enfrontarán un combinado de futbolistas de equipos de ligas europeas de orixe kurdestaní contra un equipo formado por xogadores e xogadoras galegos.
Fútbol gaélico, xogos populares, concertos e unha manifestación dende A Ferrería completan o cartel de actos.