O Pontevedra pide axuda á súa afección en Bouzas para achegarse ao campionato
Por Redacción
Seis puntos de marxe mantén o Pontevedra á fronte da clasificación de Terceira División con respecto ao Deportivo B, cando restan catro xornadas para o final da liga regular.
Malia o tropezo do pasado domingo en Pasarón ante o Choco, o club granate ten na súa man o campionato ligueiro, que lle daría vantaxe nun play-off para o que xa está clasificado matematicamente, e por iso solicita o apoio dos seus afeccionados no tramo decisivo da competición.
Por iso a entidade pontevedresa empezou a preparar o desprazamento dos seus seguidores a Bouzas habilitando un autocar con motivo do partido que enfrontará ao Pontevedra co Rápido no Baltasar Pujales (18:00 horas)
O prezo deste será de 5 euros, ao que hai que engadir a entrada, que será de 10 euros para o público xeral e de balde para os menores de 14 anos.
Os interesados poden inscribirse nas oficinas do club, no Estadio Municipal de Pasarón ata as 14:00 horas do venres, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
O autobús partirá ás 16:30 horas do domingo dende o Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra regrasando ao final do partido.
Relacionadas:
-
Victoria de "seis puntos" en Bouzas (1-2) que deixa o título de campión para o Pontevedra a só un punto
Por Ramiro Espiño |
-
Rápido de Bouzas e Pontevedra xóganse no Baltasar Pujales moito máis que tres puntos
Por Ramiro Espiño |
-
Lupe Murillo supera sen oposición a súa primeira xunta de accionistas do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
O Choco dá unha lección de fútbol e pinta a cara a un Pontevedra que se complica a vida (1-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |