Frear a euforia, obxectivo de Quique Domínguez ante o "complicado" partido en Santander
Por Alejandro Espiño
Santander é o partido "más complicado" que lle queda ao Teucro esta tempada. Así o cualifica o seu adestrador, Quique Domínguez. Os pontevedreses visitan este sábado (17.15 horas) o pavillón de La Albericia, pista do segundo clasificado da División de Honra Prata, o Go Fit Sinfín. Un equipo que non perdeu na casa esta tempada e que "aún tiene opciones de ser campeón", recordou o técnico.
"Quedan seis partidos. Es verdad que si ganamos nos ponemos a nueve puntos, pero si perdemos nos quedamos a cinco con diez por jugar", sinalou Quique Domínguez, para quen a euforia que se vive en torno ao equipo é unha das súas principais preocupacións para este partido. Reitera que o Teucro, a pesar da excelente tempada que está a protagonizar, aínda non está ascendido e "hay trabajo por hacer".
O adestrador pontevedrés, ao respecto do ambiente que rodea a entidade, bromeou ao afirmar que "hoy miré la clasificación de Asobal a ver si estábamos y no, luego miré la de la temporada que viene para ver si ya nos habían incluido y no aparecemos. Me extrañó porque pensé que ya estábamos ascendidos", porque recoñece que tras a vitoria ante o Valladolid "hay la sensación de que ya está y no es así".
Volvendo ao partido de Santander, Domínguez explicou que o Teucro os derrotou en Pontevedra nun partido "trabado" e os cántabros "se fueron bastante disgustados", polo que augurou que "allá nos estarán esperando". Os pontevedreses tratarán, dixo, de "dar la cara" ante un equipo "muy completo, rápido y con recambios para todos los puestos" e que tratará de queimar os seus últimos cartuchos para lograr o ascenso directo a Asobal.
Especial atención terán que ter os teucristas co central Álex Álvarez, un dos piares do equipo cántabro tanto en defensa como en ataque, xa que segundo Quique Domínguez "se entiende muy bien con el pivote, sabe poner ritmo al partido y se equivoca poco a la hora de tomar decisiones".
Máis de trinta afeccionados acompañarán ao equipo en autobús, pero o prazo para apuntarse aínda está aberto ata esta noite
Fronte a isto, o adestrador do Teucro avanzou que "no vamos a perder" algunhas das virtudes que o equipo tivo esta tempada como o respecto ao rival, a humildade ou o esforzo "por intentar estar y mantenerse". Asegura que viaxan coa "misma ambición y con más ilusión que nunca", algo que, sinalou, "sigo viendo entre semana en los entrenamientos", xa que o equipo está "bien de cabeza y de ánimo, con ganas de seguir luchando".
Tanto Domínguez como o capitán do equipo, Borja Pedreira, destacaron que o parón ligueiro de Semana Santa "ha venido bien", porque lle serviu ao equipo para "descansar y recuperarnos mentalmente de una temporada que está siendo exigente y gratificante". O xogador lalinense afirmou que "a veces viene bien olvidarse del balonmano y volver con las pilas cargadas". Agora, dixo, "volvemos a tope para afrontar los partidos que quedan en las mejores condiciones".
AUTOBÿS CON AFECCIONADOS
Ademais, o Teucro non estará só na súa visita a Santander. Irán acompañados dun autobús con afeccionados que tamén partirá cara á capital cántabra a primeira hora do sábado. Reservaron praza máis de trinta persoas, pero o prazo para apuntarse aínda está aberto ata esta noite.
Relacionadas:
-
Go Fit imponse ao Teucro (25-22) aprazando o alirón azul
Por Redacción |
-
O Teucro habilita un autobús para que os seus afeccionados apoien o equipo en Santander
Por Redacción |
-
Memorable segunda metade do Teucro que deixa o ascenso moi preto ao gañar (26-23) ao Atlético Valladolid
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |