Discreto peche de campionato para Bea Gómez no Nacional Open
Por Diego Espiño
Bea Gómez foise de baleiro da última xornada do Campionato de España Open de Málaga, tras finalizar novena nos 400 libre.
A nadadora pontevedresa non logrou meterse na pelexa polas medallas, véndose relegada a unha final B na que se impuxo cun tempo de 4:13.66, preto do seu récord galego.
Con todo o balance do campionato pode cualificarse de positivo malia a autoesixencia mostrada pola propia Gómez Cortés, pois se despide da competición con tres medallas (dúas pratas e un bronce) e dúas mínimas mundialistas, en 800 libre e 400 estilos.
Bea non foi a única representante do Galaico na última xornada do Open, na que tamén tomaron parte Alicia Conde, cunha marca de 4:38.83 nas series dos 400 libre, e Daniel Sánchez, que logrou un tempo de 1:01.65 nas eliminatorias do 100 costas.
Relacionadas:
-
Unha doenza cardíaca obriga a Bea Gómez a parar e pasar polo quirófano
Por Redacción |
-
Terceira medalla no Nacional para Bea Gómez, que queda sen mínima nos 200 estilos
Por Diego Espiño |
-
Segunda prata e mínima mundialista para Bea Gómez nos 400 estilos do Nacional Open
Por Diego Espiño |
-
Medalla de prata e primeira mínima mundialista para Bea Gómez no Nacional Open
Por Diego Espiño |
-
A hora da verdade para Bea Gómez
Por Diego Espiño |