Segunda prata e mínima mundialista para Bea Gómez nos 400 estilos do Nacional Open
Por Diego Espiño
Bea Gómez segue cumprindo os seus obxectivos no Campionato de España Open Absoluto de Primavera que se está a celebrar en Málaga.
A nadadora do Galaico conseguiu na segunda xornada a súa segunda medalla de prata e segundo pasaporte para o Mundial de Kazan, esta vez nos 400 estilos.
Gómez Cortés quedouse un pouco descolgada no parcial de costas pero logro remontar no sprint final para conseguir a segunda praza por diante de Catalina Corró cun tempo de 4:40.65, só superada de novo por Mireia Belmonte (4:36.14).
Malia nadar a menos dun segundo do seu record galego, fixado en 4:39.86, a pontevedresa non acabou de todo satisfeita coa súa actuación ao recoñecer que "me queda un poco la espina porque me hubiese gustado hacerlo un poco mejor" declarou á canle oficial da Real Federación Española de Natación nada máis saír da auga.
Con todo Bea se se mostrou "contenta porque he conseguido la mínima" nunha xornada na que ademais renunciou a participar nos 200 libre.
Este sábado tamén competiron Paula Goyanes, oitava na final C dos 400 estilos (5:07.92) e preliminares dos 200 libre (2:10.50); e Daniel Sánchez, que marcou un 4:48.35 nas series dos 400 estilos e un 28.67 nas dos 50 costas.
Relacionadas:
-
Unha doenza cardíaca obriga a Bea Gómez a parar e pasar polo quirófano
Por Redacción |
-
Discreto peche de campionato para Bea Gómez no Nacional Open
Por Diego Espiño |
-
Terceira medalla no Nacional para Bea Gómez, que queda sen mínima nos 200 estilos
Por Diego Espiño |
-
Medalla de prata e primeira mínima mundialista para Bea Gómez no Nacional Open
Por Diego Espiño |
-
A hora da verdade para Bea Gómez
Por Diego Espiño |