O Torneo ITF de Tenis de Sanxenxo sobe de categoría
Por Redacción
O torneo internacional de tenis júnior máis antigo de España, o Torneo Internacional ITF de Sanxenxo, recibiu unha importante lombeirada á súa traxectoria.
A Real Federación Española de Tenis comunicou ao Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo que a partir da próxima edición, a décimo cuarta, o subirá de categoría.
Sanxenxo era ata agora un torneo de Grao 3 (cuarta categoría) dentro do circuíto internacional júnior, ascendendo así ata o Grao 2.
Dende a organización do torneo o seu director, Francisco Hernández, recoñeceu que "estamos felices" e que esta decisión da Federación Española "implicará unha mellor inscrición en canto a calidade e a cantidade".
Estou seguro de que os mellores xogadores do mundo en categoría júnior visitarán Galicia para xogar o torneo", sinalou o que tamén é presidente do Círculo Cultural.