Mauricio Rodríguez aviva a polémica co Villalonga: "¿Qué culpa tenemos de defender nuestros intereses?"
Por Diego Espiño
Cando parecía que as augas, nunca mellor dito, volvían á súa canle tras o aprazamento do partido entre Pontevedra e Villalonga pola inundación do terreo de xogo de Pasarón, o presidente granate Mauricio Rodríguez botou máis leña ao lume nunha tensa rolda de prensa convocada inicialmente para tratar a actualidade económica da entidade.
Rodríguez Boullosa mostrouse moi enfadado polas declaracións efectuadas polo presidente celeste, José Miniño, nos medios de comunicación,"no voy a permitir mientras esté aquí que ninguna junta directiva o cualquier componente de esa junta venga a insultar a un consejo de administración o a un trabajador del Pontevedra Club de Fútbol" e defendeu a actuación dos dirixentes granates a pesar de recoñecer que o encontro poderíase ter disputado: "seguramente se podría haber jugado pero el destrozo que se haría en el césped nos costaría entre 5.000 y 6.000 euros. Todos los meses nos cuesta mantener los tepes unos 3.000 euros, 40.000 en un año, el cuidado debe ser mayor que en otras instalaciones y eso es lo que se hizo".
"A ver quién en Pontevedra levanta la voz, somos bastantes habitantes y sin embargo en una parroquia de un ayuntamiento como Sanxenxo la gente habla el Pontevedra, el Pontevedra... que cada uno arregle su casa"
O presidente do Consello de Administración do Pontevedra defende que a Xuíza ÿnica de Competición "tenía argumentos suficientes para no pedir a la otra parte ninguna aclaración" e asegura que actuaron acorde á norma: "¿qué culpa tenemos el Pontevedra defendiendo nuestros intereses? Ya está bien, a ver quién en Pontevedra levanta la voz, somos bastantes habitantes y sin embargo en una parroquia de un ayuntamiento como Sanxenxo la gente habla el Pontevedra, el Pontevedra... que cada uno arregle su casa, nosotros hemos intentado arreglar la nuestra de la mejor forma que sabemos, ¿que nos hemos equivocado? Bueno pues hasta ahí podemos discutir, pero lo hemos hecho acorde a la ley y con las formas adecuadas, sí."
Pola súa banda, o vicepresidente granate, José Manuel Fernández, tamén se mostrou molesto coa directiva do Villalonga aínda que recoñece erros: "me molestan especialmente las interpretaciones del vicepresidente del Villalonga. Yo pedí perdón, no era obligatorio pedir permiso pero deberíamos haberlo hecho". Fernández fala ademais de críticas interesadas cara ao estado de Pasarón: "utilizar este asunto para cargar contra la Deputación me parece desmesurado y no viene a cuento. No hemos sido nosotros los que pagamos por el césped, pero tenemos la obligación de cuidarlo".
Situación do concurso de acredores
En segundo plano quedou o motivo principal da rolda de prensa, falar da situación económica do clube e a súa inminente ampliación de capital. Unha vez aprobado o convenio de acredores, o Pontevedra convocará en marzo unha xunta de accionistas para aprobar as súas contas, presentar o orzamento de presente tempada e expor unha ampliación de capital que se cualificou de imprescindible.
Presidente e vicepresidente solicitaron o apoio a esta ampliación de todos os socios, afeccionados ou simpatizantes en busca de garantir o futuro da entidade: "El Pontevedra será lo que los pontevedreses queramos que sea".