O Pontevedra fixa a súa Xunta Xeral de Accionistas para o luns 20 de abril
Por Redacción
Tardou máis do previsto pero o Consello de Administración do Pontevedra Club de Fútbol fixou a Xunta Xeral de Accionistas da entidade.
Tras a reunión da dirección granate celebrada na tarde-noite do mércores no Estadio Municipal de Pasarón, os conselleiros elixiron o luns 20 de abril como data para a celebración da xunta.
Nesta é de esperar que os accionistas coñezan as contas da pasada tempada e o presuposto do actual exercicio.
Ademais deberán referendar, se así o estiman oportuno, a Lupe Murillo na presidencia do club, toda vez que o seu nomeamento aínda non recibiu o respaldo da Xunta de Accionistas, tal e como sinalan os estatutos da entidade.
O club xa iniciou os trámites para a publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME).