Marín envórcase en Nadal co fútbol e o baloncesto base para os máis pequenos
Por Redacción
Máis de 400 nenos participarán no primeiro torneo de fútbol-8 benjamín e prebenjamín que organiza o Marín Club de Fútbol os días 29 e 30 de decembro e que reunirá no campo de San Pedro a 18 clubes da comarca durante as dúas xornadas.
A oferta de formación para os máis pequenos completarase cunha xornada de tecnificación de xogadores para nenos de 6 a 14 anos en colaboración co Real Club Celta de Vigo. Será o día 26 de decembro, ao que se engade un clinic para porteiros os días 2, 3 e 4 de xaneiro.
Torneo Vila de Marín de mini basket
O Peixegalego organiza o día 22 de decembro a novena edición do torneo Vila de Marín en categoría alevín. O pavillón do Sequelo acollerá os partidos dos oito equipos participantes.
Por outra banda tamén se organizará un torneo feminino en categoría infantil no pavillón da Raña, aínda que neste caso con seis conxuntos inscritos.