A Escola Municipal de Atletismo despide o ano cunha xornada festiva
Por Redacción
Logo de tres meses de actividade a Escola Municipal de Atletismo que dirixe a Sociedad Gimnástica de Pontevedra en colaboración co Instituto Municipal de Deportes, despediu o ano cun Festival de Nadal para o goce dos máis pequenos.
As promesas máis novas do atletismo pontevedrés demostraron as súas habilidades participando en diferentes probas adaptadas ás súas idades e á pista dun Pavillón Municipal convertido nunha auténtca instalación de atletismo.
As vacacións escolares paran o funcionamento da Escola ata o próximo 7 de xaneiro.