O Froiz busca engancharse á Copa de España na Aiztondo Klasika
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz afrontará o domingo no País Vasco a segunda proba da Copa de España Elite e sub-23 de ciclismo en ruta.
O equipo pontevedrés buscará deixar atrás a súa discreta actuación no Circuíto do Guadiana para, coa presenza de máis montaña, situarse nos primeiros postos da carreira.
A XII Aiztondo Klasika disputarase en terras guipuscoanas cun percorrido de 148 quilómetros entre Larraul e o alto de Alkiza, que contará cunha primeira parte chaira e unha segunda moi selectiva na que os corredores deberán ascender ata nove portos.
A formación que presentará o Froiz estará composta por: Antonio Portela, Martín Lestido, Alejandro Lomba, Roberto Mediero, Javier Pérez, Javier García e Samuel Blanco.
Relacionadas:
-
A Copa de España resísteselle ao Froiz na presente tempada
Por Redacción |
-
Sen fortuna para o Froiz no Circuito do Guadiana, primeira cita da Copa de España
Por Redacción |
-
Un renovado Super Froiz retoma os adestramentos coas miras postas nas "voltas con montaña"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |