Dous bronces para o Natación Galaico no Campionato de España Infantil e Júnior
Por Redacción
Bo resultado para os nadadores do Club Natación Galaico desprazados ao Campionato de España Infantil e Júnior.
O Complejo Deportivo Ciudad de Cádiz acolleu a competición, na que o club pontevedrés sumou dúas medallas de bronce.
A primeira delas logrouna Juan David Hernández nos 100 braza cun tempo de 1:08.36, mentres nos 200 braza logrou un meritorio quinto posto.
Pola súa banda, o equipo feminino composto por Inés Gómez, Lara Gómez, Águeda Cons e Nuria Erselle finalizou terceiro no relevo 4x200 júnior (8:47.27).
Completaron a delegación pontevedresa no campionato Daniel Sánchez, Henar Cons e Cibrán Leal.
Ademais Águeda Cons, que foi sexta nos 800 libre, foi convocada para unha concentración do equipo nacional, do 12 ao 15 de marzo no CAR de San Cugat, para preparar o Campionato de Europa de Augas Abertas.
Relacionadas:
-
O Galaico gaña o dereito a organizar a fase final da Liga Galega de Natación
Por Redacción |
-
Chano Rodríguez segue a conquistar medallas para o Galaico
Por Redacción |
-
Bea Gómez, convocada para participar co equipo nacional no Open Mediterranée de Marsella
Por Redacción |
-
O Galaico, mellor club do Campionato Galego Júnior de natación
Por Redacción |