O Leis cae na casa ante o Chiloeches (2-0)
Por Redacción
Buscaba a sorpresa o Leis na visita a Pontevedra de Chiloeches, pero as pontevedresas remataron cedendo nun disputado encontro (2-0).
Saíu mellor o conxunto visitante, con algunha ocasión de perigo solucionada por Tami que servía de aviso ao gol de Ana aos 5 minutos de xogo.
Co 0-1 o partido non contaba cun dominador claro cun Leis que tivo opcións de igualar antes de que Elima fixese o segundo antes do descanso.
Pesea a desvantaxe as pontevedresas non se viñeron abaixo e buscaron recortar distancias nunha segunda metade na que ningún equipo concretou as súas ocasións de gol.
A próxima xornada o Leis enfrontarase a domicilio ao Simancas, oitavo clasificado.
LEIS PONTEVEDRA FS (0): Tami, Patri, Ali, Anita, Mar -cinco inicial- Bea, Carmen, Bibi, Marta, Jessy.
CD CHILOECHES (2): Carmen, Ana, Elima, Villa, Laura -cinco inicial- Cristi, Rocío, Piedi, Sara, Sandra.
Goles: 0-1 Ana (min.5), 0-2 Elima (min.17).
Incidencias: Partido da Segunda División Femenina de fútbol sala disputado no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.