Undécimo posto para os rapaces da Gimnástica no Nacional de Campo a Través
Por Redacción
Non puido repetir a Gimnástica o seu excelente papel de 2014 no Campionato de España de Campo a Través, cando logrou unha medalla de prata na proba de cross curto masculina.
Nesta ocasión os rapaces do club pontevedrés finalizaron en Cáceres na undécima praza sufrindo en exceso a dureza do circuíto.
Malia iso David Martínez entrou en meta na oitava praza. Completaron os puntos para a Gimnástica Emilio Martín (29), Iván Docampo (84) e Sergio García (123).
Pola súa banda o equipo feminino da mesma disciplina, o cross curto, non logrou que catro das súas atletas chegasen a meta para así poder puntuar. Rocío Rodríguez finalizou no posto 52 e Barca Toba no 95.
Tamén competiu esta fin de semana Álex Flórez no Campionato de España de Marcha en ruta, logrando un meritorio posto de finalista tras concluír na novena posición cun tempo de 2:53:41.
GALA DO ATLETISMO GALEGO
A localidade coruñesa de Sada acolleu a fin de semana a Gala do Atletismo de Galicia, na que se distinguiu á Gimnástica como mellor club da pasada tempada, sendo o terceiro ano consecutivo que recibe este recoñecemento.
Ademais dos recoñecementos como club, varios atletas da entidade pontevedresa foron premiados polas súas medallas nos campionatos do pasado ano. Foron José Antonio Palomanes, Víctor Gallego, Víctor Riobó, Darío Costas, Alfonso Pérez, Ramón Serantes, Carlos Ferrer e Ana Abuín.
Relacionadas:
-
Tres campionatos de España esperan atletas da Gimnástica durante a fin de semana
Por Redacción |
-
Repetir a medalla de prata de 2014, difícil obxectivo para a Gimnástica no Nacional de Campo a Través
Por Redacción |
-
O equipo feminino da Gimnástica, campioas galegas de cross na categoría promesa
Por Redacción |