O Leis cae na pista do líder, Cidade de Narón (3-0)
Por Redacción
A boa imaxe mostrada polo Leis Pontevedra na cancha do líder da Segunda División B, o Cidade de Narón, non abondou para que os de Manu Cossío volvesen con algo positivo.
Os locais levaron a iniciativa dende o inicio cun Leis que arrancou intentando defender a súa portaría en busca da súa opción ao contragolpe.
Con apuros pero os pontevedreses chegaron coa súa porta a cero ao descanso.
Na segunda metade a igualdade mantívose ata que no minuto 30 no que Borja aproveitou un desaxuste defensivo para inaugurar o marcador.
O Leis estirou liñas en busca da igualada, pero o que chegou foi a sentenza local por medio de Jacobo no 34 e o 38 que deixa aos pontevedreses na penúltima posición da táboa con 7 puntos.
CIDADE DE NARÿN (3): Arrivi, Borja (1), Rober, Ayalita, Juve -cinco inicial- Josito, Jacobo (2), Brais, Álex, Lito, Ángel.
LEIS PONTEVEDRA FS (0): Rubén, Gabi, Gustavo, Dani, Barcala -cinco inicial- Álex, Martín, Miguel, Pablo, Raúl, Pocho, Juan.