O Athletic Club de Bilbao envía unha carta de apoio ao árbitro agredido no Marín B-Atlético Estación
Por Ramiro Espiño
Francisco José Gómez Cerqueiro, árbitro de fútbol, viviu o pasado día 18 de xaneiro unha das experiencias máis amargas da súa aínda curta carreira como colexiado, cando ao finalizar o partido que dirixiu no campo de San Pedro de Marín, entre o Marín B e o Atlético Estación, o xogador do equipo local, Víctor Rodríguez Torres, introduciuse no vestiario arbitral e, segundo denunciou o propio colexiado, golpeoulle dúas veces na cara e ollo esquerdo.
Como consecuencia daqueles feitos, o colexiado houbo de ser trasladado en ambulancia ao Hospital Miguel Domínguez, e o xogador foi sancionado polo Comité de Competición con nove meses e dous partidos de suspensión.
O desagradable incidente chegou a coñecemento de polo menos un club histórico do fútbol español, o Athletic Club de Bilbao, que tivo un bonito detalle co colexiado agredido, remitíndolle hai uns días unha cariñosa carta de apoio, asinada na mítica escola de fútbol de Lezama por Enrique Ortiz de Artiñano, un excolexiado que ten como principal misión na entidade bilbaína manter as mellores relacións posibles cos árbitros a todos os niveis.
A citada carta, á que tivo acceso PontevedraViva, comeza expresando "en nombre del Athletic Club y el mío propio, nuestro más sincero abrazo en estos duros momentos tras la brutal agresión que has sufrido mientras arbitrabas un partido, por parte de un cobarde que sin duda no es un amante, como tú, de ese bello deporte que se llama fútbol".
Igualmente anima a Francisco José Gómez á súa rápida volta á arbitraxe: "Esperamos, de todo corazón, que pronto tengamos noticias de tu vuelta, como árbitro, a los terrenos de juego, ya que sería la mayor victoria sobre esos energúmenos. Nos tienes a tu entera disposición para lo que consideres oportuno".
Relacionadas:
-
RADIO.- Que lle preguntas aos teus fillos: gañaches o partido? ou divertícheste?
Por Marisa Ciordia |
-
Nove meses de sanción a un xogador do Marín B por agredir o árbitro do partido co Atlético Estación
Por Redacción |
-
Un xogador do Marín B agride o árbitro ao finalizar o partido co Atlético Estación
Por Redacción |