ÿxito de público na exhibición de ximnasia do Club Treboada en Ponte Caldelas
Por Redacción
A exhibición de ximnasia rítmmica, acrobática e salto de trampolín celebrada no pavillón municipal de deportes de Ponte Caldelas contou coa presenza dun importante número de persoas que presenciaron dende as bancadas as distintas acrobacias e números ximnásticos desenvolvidos polos membros do Club Treboada de Pontevedra e alumnos das escolas municipais desta disciplina deportiva.
A xornada deportiva contou coa presenza de atletas de alto nivel que compiten a nivel nacional, que realizaron piruetas imposibles non só sobre a alfombra instalada sobre a pista do pavillón senón tamén a través de grandes saltos aproveitando o impulso dun trampolín.
Os asistentes acompañaron cos seus aplausos as diversas coreografías e xestas ximnásticas protagonizadas polos deportistas que se puxeron en escena ao longo da exhibicion.