Suspendido o Pontevedra-Villalonga ao aceptar a Federación Galega a petición de ambos os dous clubs
Por Ramiro Espiño
Como anticipou PontevedraViva, o partido Pontevedra-Villalonga quedou aprazado ao autorizar a xuíza única de competición da Federación Galega de Fútbol a petición realizada por ambos os dous clubs, ante o mal estado que presentaba o campo de Pasarón a consecuencia das chuvias caídas en lás últimas horas, ademais dos pesimistas prognósticos meteorologicos, que non auguran melloría de aquí ao domingo.
Era a decisión máis sensata. Tras comprobar os técnicos dos dous equipos o estado do terreo o risco de posibles lesións dos xogadores, xunto coa posibilidade de deixar o campo moi deteriorado para o resto da tempada, aconsellaban solicitar o devandito aprazamento, que acaba de autorizar Competición.
Queda agora fixar nova data para a disputa do partido, que posiblemente haberá de xogarse entre semana, nun día a determinar, pero que con toda seguridade deberá ser antes de que conclúa a primeira volta da competición, o día seis de xaneiro. Competición concedeu aos clubs de prazo ata o próximo mércores para poñerse de acordo e fixar data ou ben procederá a fixala o mesmo comité.
Con este aprazamento o Pontevedra suspende igualmente o adestramento previsto para o sábado, ante a carencias de instalacións en condicións e descansará tamén o domingo, retornando aos ensaios o próximo luns.
Relacionadas:
-
As inundacións de Pasarón reforzan no Concello sospeitas de "posibles defectos ocultos na obra"
Por Redacción |
-
Os socios do Villalonga deciden que o seu equipo non se presente en Pasarón
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
José Miniño: "Isto foi un atraco a man armada por parte do Pontevedra, da Xuíza e da Federación"
Por Ramiro Espiño |
-
Pontevedra e Villalonga solicitan aprazar o seu partido polo mal estado de Pasarón
Por Ramiro Espiño |