Nove meses de sanción a un xogador do Marín B por agredir o árbitro do partido co Atlético Estación
Por Redacción
O Comité de Competición e Disciplina da Federación Galega de Fútbol sancionou o xogador do Marín B, Víctor Rodríguez Torres, con nove meses de suspensión e dous partidos, como consecuencia dos feitos protagonizados por el mesmo durante o partido que enfrontou o pasado domingo, no campo de San Pedro ao seu equipo co Atlético Estación, e especialmente á súa finalización, cando o xogador marinense se introduciu no vestiario arbitral e, segundo denuncia o colexiado do partido, Francisco José Gómez Cerqueiro, golpeándoo dúas veces na cara e ollo esquerdo.
A raíz destes feitos, o colexiado foi trasladado en ambulancia ao Hospital Miguel Domínguez, onde foi recoñecido e se deu de alta, recomendándolle dous días de repouso.
Víctor Rodríguez Torres fora expulsado durante o partido ao propinar unha patada por detrás a un rival sen estar o balón en disputa entre ambos os dous.
A resolución do Comité de Competición e Disciplina e o castigo imposto ao xogador se distribúe da seguinte forma:
Un partido de suspensión por producirse de xeito violento con ocasión do xogo ou como consecuencia directa dalgún lance deste, sen consecuencias danosas ou lesivas.
Un partido de suspensión por dirixirse aos árbitros, directivos ou autoridades deportivas en termos ou con actitudes de menosprezo ou de desconsideración, ou dirixir ameazas a estes cando non se revele a intención de levalas a cabo, sempre que a acción non constitúa falta máis grave. Unha vez finalizado o partido.
Nove meses de suspensión por agredir o árbitro principal, que aínda non sufrindo lesión, precisou asistencia médica.
A sanción de nove meses imposta ao xogador Víctor Rodríguez Torres, do Marín C.F. "B", segue recollendo a resolución, éo por agredir ao colexiado no seu vestiario, á finalización do encontro, tendo que ser trasladado en ambulancia e recibir asistencia médica.