Novo material deportivo para tres pavillóns da cidade
Por Redacción
Novas porterías, redes para canastras e novas redes tamén de voleibol no pavillón da Xunqueira II; colchóns de seguridade, áreas de caída para ximnastas e áreas de recepción de tumbling de varias medidas no Municipal; e para rematar material específico de musculación, soportes, barras e bancos no Municipal e no Multiusos.
Todo ese equipamento foi adquirido polo Concello de Pontevedra por algo máis de 20.000 euros para intentar mellorar a práctica de deportes como o balonmán, baloncesto, fútbol sala, voleibol e ximnasia, ademais de fitness e musculación.
Con esta actuación preténdese favorecer as condicións nas que adestran varios clubes da cidade.