O Torneo de Reis do Leis pecha tras dúas intensas xornadas de fútbol sala
Por Redacción
Os pavillóns de Marcón e Multiúsos da Xunqueira enchéronse de cor e bo ambiente durante toda a fin de semana coa disputa do II Torneo de Reis de Fútbol Sala organizado polo Leis Pontevedra.
A competición, na que participaron diversos equipos galegos fundamentalmente da provincia, estruturouse entre as categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete ou xuvenil.
Entre os máis pequenos, os prebenxamíns, impúxose o equipo de Casa Paco tras derrotar nas final por penaltis ao ADFS Bueu (2-2).
Na categoría benxamín o gañador foi o Rendondela FS gañando na final ao gañar 4-2 ao Santiago Apostol, mentres en alevíns o vencedor foi o Salnés FS, que gañou ao Cios Vigo na final (3-1).
Pola súa banda o título infantil levoullo o Cios Vigo, impoñéndose no choque definitivo ao Pecheches (3-1), equipo que en cadetes gañou por penaltis ao Leis Pontevedra na final (2-2).
O último partido do torneo, a final xuvenil, disputárona o ED Vigo 2015 e o Leis Pontevedra.