O Teucro inicia os actos do seu 70 aniversario o día 10 de xaneiro cun amigable ante o Granollers
Por Redacción
Videcano e decano do balonmán nacional volverán ver as caras un ano despois do encontro que os enfrontou no Pavillón Municipal dos Deportes correspondente á Copa do Rei.
A Sociedad Deportiva Teucro iniciará os actos do seu 70 aniversario cun choque amigable ante o Fraikin BM Granollers, actual terceiro clasificado da Liga Asobal. Será o próximo sábado 10 de xaneiro no municipal pontevedrés ás 20:00 horas.
Trátase do primeiro día de celebración do club azul, que programou unha intensa xornada de actividades relacionadas co balonmán que arrancarán a primeira hora da mañá con partidos das categorías inferiores.
Xa pola tarde ás 16:00 horas o equipo feminino do Teucro xogará ante o BM Porriño, club da División de Honra Feminina, e tras ese choque chegará a quenda dos xogadores que lograron o ascenso á máxima categoría na tempada 82-83, que se enfrontarán a un combinado galego.
O Teucro-Granollers pechará a xornada nun partido que servirá de preparación para ambos os dous de cara á volta das súas respectivas ligas tras o parón do Nadal.
Relacionadas:
-
Derrota doce do Teucro ante o Granollers (34-37) no colofón dunha intensa xornada festiva
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Presenciar o duelo de históricos entre Teucro e Granollers custará un só euro
Por Diego Espiño |
-
O Teucro inicia unha minipretempada de dúas semanas coa mente posta no Alcobendas
Por Diego Espiño |
-
Directiva renovada para afrontar os novos retos na SD Teucro
Por Diego Espiño |