Goles solidarios no Pavillón Municipal dos Deportes
Por Diego Espiño
Os goles fixéronse de rogar, máis que na súa primeira edición, e aínda que o resultado era o de menos políticos, deportistas e personaxes públicos intentaron levarse a honra do triunfo no segundo Partido Benéfico de Nadal organizado polo Ciudad de Pontevedra CF.
O Pavillón Municipal dos Deportes foi escenario este sábado do evento solidario en favor de RedeAxuda.
O resultado final foi empate (3-3) e unha boa dose de solidariedade a través das rifas que serviron para recadar diñeiro para a rede pública, que destinará estes fondos á compra de patacas para as familias con escasos recursos económicos.
Con catro e animados tempos de 10 minutos os equipos Ciudad de Pontevedra e RedeAxuda fixeron gozar o público.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, repetiu na portaría, ben acompañado no seu equipo dos concelleiros Pablo Fernández e María Biempica, o atleta Víctor Riobó, o actor Xulio Abonjo, o xornalista Manuel Jabois, a gardameta do Poio FS Silvia Aguete ou o adestrador e o presidente do Teucro, Quique Domínguez e Carlos García-Alén, entre outros.
En fronte outro equipo que, ademais de intengrantes do propio Ciudad de Pontevedra masculino e feminino, contaba nas súas filas co exciclista ÿscar Pereiro, o humorista e actor David Amor, a presidenta do Pontevedra Lupe Murillo, o escritor Rodrigo Cota, os xornalistas Terio Carrera e Juan de Sola e o adestrador do Coruxo, Rafa Sáez.
Nos descansos sorteáronse diversos premios entre os asistentes, como unha camiseta do Sevilla Fútbol Club asinada por Denis Suárez, unha do Celta serigrafiada por Levy Madinda e unha elástica da Sociedad Deportiva Teucro.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de Terio Carrera: Il 'gentleman' di sport
Por Marisa Ciordia |
-
RedeAxuda crece e fai balance das súas últimas actividades
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os bombeiros amosan a súa cara máis solidaria
Por Redacción |
-
Figuras do deporte, políticos e personaxes públicos participarán no partido benéfico en favor de RedeAxuda
Por Diego Espiño |
-
Novo partido solidario de Nadal do Ciudad de Pontevedra, a beneficio da Redeaxuda
Por Redacción |