Directiva renovada para afrontar os novos retos na SD Teucro
Por Diego Espiño
Carlos García-Alén xa é, oficialmente, presidente da Sociedad Deportiva Teucro para os próximos catro anos, despois de que a xunta electoral o nomease como tal nunha asemblea de socios de trámite á que chegou como único candidato.
O dirixente azul aproveitou para presentar a directiva que o acompañará no novo mandato, á que se incorporan persoas que viñan colaborando co club de xeito habitual e dúas caras novas, as de José Antonio García Lores e ÿscar Paredes.
No seu discurso ante os socios García-Alén fixou entre os seus obxectivos primordiais seguir na liña de traballo económico que permita "asegurar la viabilidad económica del club" e, por primeira vez, falou abertamente do ascenso á Liga Asobal como meta a lograr "en la temporada 14/15 o en la 15/16".
Ademais no deportivo tratarase de consolidar o equipo feminino e o filial masculino e no social tratarase de superar, este mesmo curso, a barreira dos 1.000 socios e pénsase en chegar a 1.500 en caso de ascender á máxima categoría.
A directiva da Sociedad Deportiva Teucro quedou composta polas sisguientes persoas:
- Presidente: Carlos García-Alén.
- Vicepresidente: José Carlos Ameijeiras.
- Tesoreira: Maruxa Muñiz.
- Secretario: José Antonio García Lores.
- Vocais: Francisco Sánchez, Javier Domínguez, Pablo Escudero e ÿscar Paredes.
- Responsable de comunicación (sen ser membro da xunta): Eduardo Agulló.
Relacionadas:
-
A débeda do Teucro segue reducíndose e Carlos García-Alén anuncia a súa candidatura á reelección
Por Ramiro Espiño |
-
Traballo de despacho no Teucro pensando no posible ascenso a Asobal
Por Diego Espiño |
-
O Teucro inicia os actos do seu 70 aniversario o día 10 de xaneiro cun amigable ante o Granollers
Por Redacción |
-
Conseguir un patrocinador principal, prioridade de Carlos García Alén para a SD Teucro
Por Alejandro Espiño |
-
Carlos García Alén presenta os avais que o converten en candidato á presidencia do Teucro
Por Ramiro Espiño |