Santi Malvar, bronce no mundial de parataekwondo, recibido con honras
Por Redacción
Dakar é xa o obxectivo de Santi Malvar, conseguir o ouro mundial de parataekwondo que se lle escapou en Aruba por culpa dunha lesión. Aínda así, o deportista do Mace Sport, recibido con honras polo concelleiro de deportes Agustín Fernández, vén de conseguir un máis que exitoso terceiro posto, que se suma tamén ao bronce conseguido no Europeo de Moscova.
Malvar, de 35 anos, é todo un exemplo de superación. Practica o taekwondo desde os 10 anos pero en 2004, cando xa abandonara a disciplina, dúas enfermidades dexenerativas provocáronlle perda de mobilidade nunha perna e serias complicacións.
O deporte, en 2008, volveuse a cruzar na súa vida, o que sumado ao esforzo e afán de superación, fíxolle recuperar boa parte da mobilidade perdida.