Barcelona B, último escollo do ano para un Teucro que busca a décimo terceira
Por Diego Espiño
A décimo terceira pasa polo actual campión da División de Honra Prata, a Barcelona B.
A Sociedad Deportiva Teucro visita este sábado (18:00 horas) ao renovado filial blaugrana, un equipo que evidenciou certa irregularidade no inicio de liga pero que presenta "un equipo moi completo, con xogadores de moito talento," segundo o define Quique Domínguez.
O técnico pontevedrés, que non poderá contar con Marcos Dorado ao sufrir finalmente unha fractura de tabique nasal, cre que "habrá que estar muy intensos" se pretenden manter a súa condición de invictos na competición. En todo caso Dorado si viaxa co equipo, co resto do plantel en perfectas condicións.
ÿ o obxectivo, chegar ao parón do Nadal como líderes sen perder ningún encontro, aínda que o equipo azul é consciente que para iso "tendremos que salir a muerte y jugar un poco mejor que la primera parte ante el Amenabar", declarou Edu Moledo.
Noutra orde de cousas o Teucro entregou este venres ao Comedor Social de San Francisco os 300 quilos de alimentos recollidos no encontro do pasado sábado.
Relacionadas:
-
Paga o Teucro os seus erros defensivos coa primeira derrota da tempada (41-33) en Barcelona
Por Redacción |
-
Conseguir un patrocinador principal, prioridade de Carlos García Alén para a SD Teucro
Por Alejandro Espiño |
-
Carlos García Alén presenta os avais que o converten en candidato á presidencia do Teucro
Por Ramiro Espiño |
-
Un Teucro a medio gas bástase para dobregar (33-25) a un brando Amenabar Zarautz
Por Diego Espiño & Diego Torrado |