Carlos García Alén presenta os avais que o converten en candidato á presidencia do Teucro
Por Ramiro Espiño
A continuidade de Carlos García Alén como presidente da SD Teucro está máis cerca. Tal e como anunciara previamente á convocatoria de eleccións, logo de catro anos á fronte do club García Alén tiña decidido presentar a súa candidatura á reelección, como así mesmo comunicou aos socios na asemblea na que se abriu o proceso electoral, o pasado 28 de novembro. Agora esa decisión farase firme na tarde do martes, que será cando acuda á sede do club para presentar ante a Xunta Electoral os avais en número suficiente para apoiar a súa candidatura.
Recordemos que, de acordo co calendario electoral aprobado pola asemblea de socios, o prazo de presentación de candidaturas iniciouse o pasado día 10, finalizando este martes día 16 de decembro. García Alén elixiu o último día hábil de devandito prazo para facer oficial a súa candidatura, o que salvo sorpresas de última hora convérteo no único aspirante á presidencia.
Este feito fai innecesario a celebración de eleccións, polo que, trala comprobación pola Xunta electoral da validez das firmas presentadas, García Alén será proclamado de novo presidente do Teucro o próximo día 20 de decembro, por un período de catro anos máis, afrontando así o seu segundo mandato á fronte da entidade.
Relacionadas:
-
Directiva renovada para afrontar os novos retos na SD Teucro
Por Diego Espiño |
-
Barcelona B, último escollo do ano para un Teucro que busca a décimo terceira
Por Diego Espiño |
-
Conseguir un patrocinador principal, prioridade de Carlos García Alén para a SD Teucro
Por Alejandro Espiño |
-
Carlos García Alén repasa os seus catro anos de mandato e as esperanzas de futuro
Por Ramiro Espiño |
-
O Teucro reduce a súa débeda a menos da terceira parte en pouco máis de dous anos e convoca eleccións
Por Ramiro Espiño |
-
Carlos García Alén: "Mi intención es buscar apoyos para la directiva del Teucro y presentarme a las elecciones"
Por Ramiro Espiño |