Con optimismo pero con respecto, o Teucro visita a complicada pista do Handbol Bordils
Por Redacción
Situado nunha zona cómoda, en metade da táboa, facendo da súa pista un verdadeiro fortín no que ata os mellores sofren para conseguir puntuar. Así é o Handbol Bordils, seguinte rival do Teucro, que afronta o desprazamento máis longo da tempada para xogar en terras xerundenses coa intención de manter o súa xeira inmaculada de vitorias neste histórico inicio de tempada que o levou a liderar con autoridade a competición.
O partido disputarase no Palau Municipal d'esports "Blanc i Verd" (sábado, 20:00 horas), con arbitraxe dos cataláns Jordi Ausas Busquets e Miquel Florenza Virgili.
Da fortaleza do rival na súa pista fala ben claro os resultados e o propio técnico azul, Quique Domínguez, que se expresaba así antes na rolda de prensa previa ao partido, celebrada no Hotel Campaniola: "Seguramente sea un partido con menos cartel que los últimos que hemos jugado en Valladolid y Go Fit, pero también un partido en una de las canchas más complicadas de la categoría. Sin duda. Los que estamos en esto sabemos que ningún equipo, sobre todo de los grandes, de los de la zona alta, ganan fácil".
Boa proba diso son os resultados obtidos polo equipo catalán na súa cancha, na que unicamente cederon fronte a dous dos equipos fortes da Liga e en ambos os dous casos pola mínima diferenza: Valladolid (25-26) e Alcobendas (23-24).
Sobre as calidades do rival, Quique Domínguez sinala: "Bordils se caracteriza por tres cosas: una, que se sienten muy fuertes cuando juegan en casa, que tienen un público que claramente juega un papel en los partidos de casa y eso les hace sentirse capaces de ganar a cualquiera; dos, y tiene que ver con esto también, que algunos jugadores que no viajan fuera por motivos de trabajo o estudios, sí juegan los partidos de casa, y en tercer lugar, velocidad e intensidad. Si algo caracteriza su juego allí es que es un equipo que compite bien y que el contraataque es uno de sus puntos fuertes y por lo tanto te exigen estar a buen nivel, intensos y concentrados".
O técnico pontevedrés incide na importancia que vai ter a preparación física nun partido esixente como este: "El factor físico tiene un papel importante y por eso es bueno que esté Toño Puga aquí, porque yo creo que va a ser una de las claves mañana".
Malia pequenos problemas físicos, Toño Puga quixo restar importancia a estes: "Estamos en un momento de la temporada en el que casi todos los jugadores tienen secuelas de algo que van arrastrando, pero son cosas que van en lo que es el balonmano. No estaremos al cien por cien, pero como no lo están ya a estas alturas la mayoría de los equipos".
A única dúbida en canto ao estado dos xogadores é a de Marcos Dorado, que adestrou con limitacións por unha escordadura de nocello que sufriu antes do partido contra o Barakaldo, pero fará a viaxe cos seus compañeiros e se espera que estea en condicións de xogar.
Moitos quilómetros por diante, pero moita máis ilusión. A expedición teucrista sairá por estrada cara a Porto moi temperán, ás 4 e media da madrugada do mesmo sábado, para dende alí tomar un voo a Barcelona, regresando nada máis finalizar o partido.
Relacionadas:
-
Unha máis: O Teucro imponse nun final impresionante (26-30) ao Handbol Bordils
Por Redacción |
-
Carlos García Alén repasa os seus catro anos de mandato e as esperanzas de futuro
Por Ramiro Espiño |
-
Exhibición para a "décima" do Teucro (30-21) que esnaquiza o Go Fit abrindo oco como líder
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |