Empate que non soluciona os problemas de Cultural Areas e Ribadumia (1-1)
Por Redacción
Mereceu máis o Ribadumia, pero de novo volveu deixar en evidencia os seus graves problemas na finalización dende a lesión de Changui. Os locais adiantáronse pronto por medio de Fernando Cuadrado e quixeron aproveitar esa circunstancia para ceder a iniciativa aos de Gabi Leis, para intentar aproveitar algunha contra.
O Ribadumia, que empataba mediado o primeiro tempo cun gol de David Pérez, tivo o balón pero non conseguiu xerar demasiado perigo. Co empate cambiáronse os papeis. O Ribadumia botouse atrás buscando o contragolpe, pero os de Fonsi Valverde negáronse a asumir riscos.
Deste xeito transcorreu a primeira media hora do segundo tempo, ata que nos últimos quince minutos o conxunto visitante foise decididamente a polo partido, pero non acertou coas ocasións de que dispuxo para levarse os tres puntos, mentres o Cultural Areas asinaba un empate que non saca de apuros a ningún dos dous equipos.
CULTURAL AREAS (1): Carlos Hortal; Hugo, Costas, Campos, Cuba; Alberto, Fonseca (Couso, min. 85); Mota, José Arenas (Buba, min. 58), Manu Vilán (Felix, min. 76); e Fernando Cuadrado.
CD RIBADUMIA (1): Roberto Pazos; Pacheco, Oscar Río, Miguel Vázquez, Adrián Padrón (Aram, min. 58); Bisti (Martín, min. 81), Alex Gómez; Sidibé, Sylla, David Pérez e Adrián Padín (Jesú, min. 87) .
Árbitro: Alain Kevin García Martín (Santiago), auxiliado nas bandas por ÿscar Martínez Santos e Samuel Gil Caldelas. Amoestou a Hugo, Mota e Manu Vilán polo Cultural Areas, e a Bisti, polo Ribadumia.
Goles: (1-0) Minuto 4: Fernando Cadrado. (1-1) Minuto 24: David Perez.
Incidencias: Campo da Lomba (Areas). Preto de 200 espectadores.