O Xuventú Sanxenxo puido golear (3-4) ao Silva pero termina pedindo a hora
Por Redacción
Da goleada a terminar pedindo a hora. O Xuventú Sanxenxo tivo un partido cómodo, dominado e en superioridade numérica, pero complicouse ata finalizar con relativos agobios fronte a un Silva que non se entregou.
Os coruñeses dominaron durante o primeiro tempo, pero serían os de Ángel Oliveira os que aproveitarían as súas oportunidades para poñerse cun contundente 0-3 antes de chegar ao descanso.
O primeiro gol sería obra de Rubén. Cinco minutos máis tarde Ramón facía o segundo, e ao filo do descanso Cuchi transformaría un penalti cometido por Manu que lle custaría a primeira amarela ao meta local.
O gol de Tinaia en propia porta daba esperanzas aos de Bardanca, pero chegaría a segunda amarela e expulsión do porteiro Manu, por empuxar a un rival, o que parecía resolver definitivamente o partido, ao quedarse o Silva en inferioridad, e con Marcos na portería ao esgotar os cambios.
Cuchi faría o cuarto gol visitante, pero apenas un minuto máis tarde Movilla facía o 2-4 e o mesmo Movilla levaba a incerteza ao marcador ao conseguir o terceiro. Non quedaba moito tempo, pero o Sanxenxo tivo que sufrir para aguantar os últimos minutos e levarse unha importantísima vitoria.
SILVA SD (3): Manu, Cardelle, Chiki, César (Álvaro, min. 46), Miguelito, Kata, Carlos Rey (Naya, min. 56), Uzal, Movilla, Xoel (Matías, min. 26) e Marcos.
XUVENTÿ SANXENXO (4): Vila, Peña, Suso Martínez, Guille, Alfonso, Tinaia, Muradás (Diego González, min 63), Jonathan, Cuchi. Ramón e Rubén (Cidranes, min. 72).
Árbitro: Víctor M. García Villaverde (Ferrol), auxiliado nas bandas por José A. Rodríguez Dopico e Borja Gundín Barreiro. Expulsou por dobre amarela ao porteiro local Manu (min. 69). Amoestou a Movilla e ao adestrador local Bardanca, polo Silva, e a Vila, Guille, Diego González e o técnico Ángel Oliveira, polos visitantes.
Goles: (0-1) Minuto 16: Rubén. (0-2) Minuto 21: Ramón. (0-3) Minuto 44: Cuchi, de penalti. (1-3) Minuto 64: Tinaia en propia porta. (1-4) Minuto 71: Cuchi. (2-4) Minuto 72: Movilla. (3-4) Minuto 86: Movilla.
Incidencias: Campo de Meicende grande (Arteixo). Uns 200 espectadores.