Os goles escapan ao derbi entre Portonovo e Villalonga (0-0)
Por Redacción
Empate sen goles en Baltar entre Portonovo e Villalonga nun derbi que enfrontaba a dous dos favoritos ao ascenso.
O estado do céspede impediu que se vivise un choque vistoso, pero non estivo falta de emoción cun Vilallonga que buscou con máis ganas a porta contraria.
Tamén tivo algunha clara opción o conxunto local, que tirou de solidez para manter o seu marco a cero mentres esperaba un chispazo de calidade da súa dianteira, liderada por Hugo Soto.
Ao final o empate contentou a ambos os dous, aínda que o conxunto arlequinado encadea o seu cuarto partido sen gañar. Mantense, iso si, no liderado, mentres o Villalonga é sétimo a catro puntos dos postos de ascenso despois de seis xornadas sen coñecer a derrota.
PORTONOVO SD (0): Dani, Dopazo, Iván Renda, Suso Bea, Agra (Alberto Martín, minuto 67), Brian (Aguín, minuto 71), Álex Cubas, Víctor Uhía, Nacho, Brian, Luis Alberto e Hugo Soto (Pablo Blanco, minuto 88).
VILLALONGA FC (0): Roberto, Paco (Gabi, minuto 78), Darío, Manu Santos, Antonio, Alberto Villar (Héctor, minuto 83), Machu, Alberto Rey, Adrián Santos, Manu Nieto (Campos, minuto 62) e Arias.
Árbitro: Miñan Fernández, auxiliado nas bandas por Vilar Álvarez e Villanueva Carballo. Amoestou a Agra polo Portonovo e a Arias, Antonio e Manu Santos polo Villalonga. Ademais, expulsou con cartón vermello directo ao xogador local Suso Bea, no minuto 89.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar (Portonovo).