Carlos García Alén: "Mi intención es buscar apoyos para la directiva del Teucro y presentarme a las elecciones"
Por Ramiro Espiño
Xa hai datas para que os socios do Teucro coñezan a situación actual da sociedade e tomen decisións transcendentais sobre o futuro dun club que, con moitas dificultades e máis traballo, está a conseguir saír pouco a pouco adiante, salvando unha situación que non hai moito levou á entidade azul a temer seriamente polo seu futuro.
A directiva que preside Carlos García Alén convocou senllas asembleas de socios, unha ordinaria e outra extraordinaria, a celebrar ambas as dúas o próximo día 28 de novembro, nos salóns do Hotel Galicia Palace, do Pontevedra.
A primeira cita será a Asemblea Xeral Ordinaria, que se celebrará en primeira convocatoria ás 20:00 horas e en segunda convocatoria ás 20:30 horas, cos seguintes puntos na orde do día: lectura e aprobación, se procede, da acta anterior; liquidación do presuposto da tempada 2013-2014; balance de situación e conta de perdas e ganancias; información sobre o estado do endebedamento concursal; aprobación, se procede, do presuposto da tempada 2014-2015 e memoria de actividades anuais.
A continuación levarase a cabo a Asemblea Xeral Extraordinaria, na que se aprobará, se procede, o regulamento electoral para a elección de presidente da SD Teucro e o calendario electoral.
Para poder participar en ambas as dúas asembleas, os socios con dereito a voto deberán acreditar a súa condición de socio do club así como estar ao corrente de pagamento nas cotas da tempada 2014-2015.
A segunda asemblea abre o camiño á continuidade do equipo presidido por Carlos Carcía Alén ou á presentación dalgunha candidatura alternativa que asuma o leme da entidade.
Pero dende a celebración da anterior asemblea, o pasado mes de febreiro, moito cambiaron as cousas na entidade teucrista e non só no aspecto deportivo, coa excelente marcha do primeiro equipo, senón tamén nunha situación económica que segue sendo complicada, pero na que se enxergan raios de luz e esperanza grazas ao bo traballo que vén realizando a directiva.
Esta é a razón de que Carlos García Alén, que en febreiro apuntara a posibilidade de abandonar o posto, agora mesmo ten practicamente decidido presentar a súa candidatura á reelección, como confirmou en declaracións realizadas a PontevedraViva: "Mi intención es buscar apoyos para la directiva del Teucro y presentarme a las elecciones. Si hay alguien que quiere venir y cree que lo puede hacer mejor, nosotros no seremos un obstáculo, pero ahora mismo creo que debemos seguir el camino que hemos comenzado para terminar de sacar al club de la desesperada situación en la que se encontraba no hace mucho".
García Alén tamén indicou que ademais dos seus compañeiros actuais de directiva, tratará de incorporar á xunta novos integrantes: "Necesitamos la ayuda de algunos socios más. De las personas que empezamos ya no estamos todos y necesitamos gente que colabore porque sigue habiendo mucho trabajo por hacer. Ya te digo, no quería anunciarlo aún, pero ya que me preguntas no te puedo negar que mi intención ahora mismo es presentarme de nuevo a la presidencia, además de terminar de solucionar los pagos con Hacienda, el primero el que tenemos en diciembre y para el que aún no tenemos el dinero necesario, y después seguir con el trabajo que venimos haciendo".
Relacionadas:
-
Conseguir un patrocinador principal, prioridade de Carlos García Alén para a SD Teucro
Por Alejandro Espiño |
-
Carlos García Alén presenta os avais que o converten en candidato á presidencia do Teucro
Por Ramiro Espiño |
-
O Teucro reduce a súa débeda a menos da terceira parte en pouco máis de dous anos e convoca eleccións
Por Ramiro Espiño |
-
Viaxe organizada para acompañar o Teucro no díficil desprazamento a Valladolid
Por Redacción |
-
Marcos Dorado, dúbida nun Teucro que busca a oitava ante La Roca
Por Redacción |
-
O Teucro cumpre con Facenda e ve a luz ao final do túnel
Por Diego Espiño |
-
Chamamento desesperado do Teucro para evitar a disolución do club
Por Ramiro Espiño |