Cea homenaxe a tres traballadores do CGTD de Pontevedra
Por Redacción
Despois de moitos anos prestando servizos profesionais no Centro Galego de Tecnificación Deportiva a tres dos seus traballadores máis veteranos chegoulles a hora da súa merecida xubilación.
O matrimonio formado por Carmen Lorenzo e Modesto Arosa, así como Carlos Menendez Ogando (presidente do histórico club de fútbol local, Salgueiriños), recibiron a homenaxe dos que foron os seus compañeiros durante tanto tempo, nunha animada cea na que compartiron reunión tamén con multitude de amigos e representantes de distintos clubs e colectivos do deporte pontevedrés, que quixeron acompañalos neste emotivo acto.
Todos os asistentes, aos que nos unimos, agradeceron aos tres homenaxeados o labor realizado ao servizo do deporte e dos deportistas pontevedres e desexáronlles a maior felicidade no futuro.