Moisés Pereiro sofre unha picada no xemelgo e é seria dúbida para Ferrol
Por Diego Espiño
Os problemas no centro do campo continúan para Milo Abelleira. Moisés Pereiro, un dos fixos nos plans do técnico pontevedrés, tívose que retirar do último adestramento do equipo ao sufrir unha picada no xemelgo.
A primeira exploración apunta a unha pequena rotura de fibras ou, no mellor dos casos, a unha contractura que pon en serio perigo a súa participación no importante partido do sábado en Ferrol.
Milo si parece que poderá contar con Iago Paz unha vez superados os seus problemas musculares. O centrocampista, ademais de Richi e Cristóbal Juncal, tamén con diversas molestias, puideron completar a sesión preparatoria co resto do grupo, polo que todo apunta a que estarán ás ordes do adestrador na Malata.
O preparador lerezano espera poder realizar un bo encontro ante o líder destacado da categoría, "tenemos que aportar pelea y sacrificio para poder ganar, sabemos que será muy difícil pero tenemos nuestras armas para hacerles daño".
O Racing de Ferrol ficha ao defensa Sergio Martínez
O equipo departamental confirmou a contratación de Sergio Martínez ata final de tempada. O defensa, que ocupa a ficha do lesionado Dopico, ten 26 anos e procede do Santboia catalán, conxunto ao que chegou desde as filas do Ourense.