Dobre obxectivo Mundial para Adrián Esperón e Patricia Martínez
Por Redacción
Adrián Esperón e Patricia Martínez afrontan o momento cumio da tempada en baile deportivo.
A parella pontevedresa afronta con ilusión nas próximas semanas dous campionatos do Mundo, o da modalidade de 10 Bailes na cidade lituana de Riga e o de Standard en Viena (Austria).
Na primeira das especialidades é onde teñen Adrián e Patricia depositadas máis esperanzas, despois do vixésimo posto lograda hai un ano Viena.
A cita será este mesmo venres, 31 de outubro, mentres que o Campionato do Mundo de Standard se celebrará o sábado 15 de novembro.
Nesta segunda modalidade os campións nacionais intentarán mellorar o vixésimo cuarto posto logrado en 2013.