Sanxenxo acollerá en xuño o final da primeira etapa da prestixiosa regata La Solitaire du Figaro
Por Redacción
A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, confirmou que o Porto Deportivo Juan Carlos I será o final da primeira etapa da prestixiosa regata La Solitaire du Figaro-Eric Bompard Cachemire 2015.
Aínda que o percorrido completo se dará a coñecer o 4 de decembro no Salón Naútico de París, si se coñece xa a data de saída, o 31 de maio, e o final desa primeira etapa, tras a candidatura presentada e a posterior visita a Sanxenxo do director xeral da proba, Pen Duick.
Un total de 40 embarcacións chegarán ao porto pontevedrés cos seus respectivos equipos, membros da organización e xornalistas, permanecendo aloxado no municipio durante unha semana.
Para Catalina González ser parte de La Solitaire du Figaro "supón un paso máis nos esforzos que vimos realizando nos últimos anos para intentar atraer probas deportivas que reforcen a posibilidade de que a campaña estival en Sanxenxo comece antes", indicou a rexedora.
Relacionadas:
-
Sanxenxo respira competición coa chegada da regata Solitaire du Figaro
Por Mónica Patxot |
-
Presentan en Sanxenxo o paso pola vila da regata Solitaire du Figaro
Por Redacción |
-
Sanxenxo, único porto español no que recalará a regata La Solitaire du Figaro 2015
Por Redacción |
-
O Porto Deportivo logra a total accesibilidade das súas instalacións ás persoas discapacitadas
Por Redacción |
-
Un final de etapa da prestixiosa regata La Solitaire du Figaro de vela, obxectivo de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Porto Deportivo Juan Carlos I busca ser sede de grandes eventos náutico-deportivos
Por Redacción |