ÿxito de participación na IV KDD Monte Castrove de BTT
Por Diego Torrado
Nin os problemas xurdidos días atrás, coa desaparición de parte da sinalización, impediron que a IV KDD Monte Castrove resultase un éxito de participación.
Un bo número de ciclistas afeccionados déronse cita en evento organizado por Os Bicivoadores durante a mañá do domingo aproveitando o bo clima reinante.
Os participantes afrontaron 35 quilómetros de percorrido con saída e final no IES Poio, en Fontenla.
Os asistentes colaboraron ademais nunha recollida solidaria de alimentos en favor do Banco de Alimentos e protestaron contra a colocación de trampas en pistas forestais e montes que supoñen un gran perigo para os ciclistas.