Beatriz Gómez, con catro medallas, lidera ao Galaico no Campionato de España en Piscina Curta
Por Redacción
Bo balance para o Galaico Pontevedra e en particular para Beatriz Gómez Cortés no recente Campionato de España de Natación en Piscina Curta celebrado en Palma de Mallorca.
A nadadora olímpica de tan só 17 anos colgouse catro medallas en probas individuais (prata en 1500 e 400 metros libres e bronce en 800 e 200 metros libres) logrando rebaixar ademais a marca galega de 1500, 800, 200 e 100 metros libres.
Nerea Rodiño, Laura Montes, Iria García e Paula Goyanes completaron a meritoria actuación do Club Natación Galaico Pontevedra en categoría feminina, concluíndo no 12º posto dos 58 clubes participantes.