Segundo posto por equipos para as rapazas da Escola Hungaresa no Trofeo Rías Baixas de esgrima
Por Redacción
O Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra acolleu o pasado sábado o III Trofeo Rías Baixas de esgrima, coa presenza de preto de 100 tiradores e 16 equipos.
A competición, con categoría de Torneo Nacional de Ranking de Sabre M-20, reuniu algúns dos mellores especialistas do estado.
Os deportistas e clubs madrileños foron os principais dominadores da xornada, pero a Escola Hungaresa de Pontevedra conseguiu destacar co seu equipo feminino para finalizar no segundo posto tras caer na final ante o SAMA.
En en cadro individual o pontevedrés Iván Pastor foi décimo noveno, mentres en rapazas Natalia Fernández logrou unha meritoria sexta posición e Antonella Bunimov foi novena.
Relacionadas:
-
Luis Castro, bronce no primeiro Torneo Nacional de Ranking de Sabre da categoría M-15
Por Redacción |
-
Pablo Moreno, da Escola Hungaresa, finaliza sexto no Torneo Nacional de Sabre de Barcelona
Por Redacción |
-
Máis de 100 tiradores de 20 equipos cítanse a fin de semana no III Trofeo Rías Baixas de esgrima
Por Redacción |