Un mal terceiro cuarto castiga o Peixegalego en Azpeitia (83-76)
Por Redacción
As sensanciones foron positivas na estrea da tempada para o Peixegalego, pero os marinenses remataron cedendo unha derrota na súa visita á difícil cancha do Azpeitia (83-76).
Os de Javi Llorente pagaron caro o seu mal terceiro cuarto, porque arrancaron con forza no primeiro período e mantiveron unha mínima vantaxe ao descanso (40-41).
Non obstante o baixón á volta de vestiarios foi considerable, cun parcial de 21-11 para os locais que o Peixegalego xa non puido contrarrestar.
A fortaleza do xogo interior dos galegos con Ike Azotam (22 puntos) e as cifras de Blair (21), foron as notas máis positiva do debut ligueiro para os de Marín.
No resto de resultados da xornada destacou a derrota axustada na casa do Xuven ante o Getafe (67-68).
SAMMIC AZPEITIA (83): Arruti (16), Ucles (25), Camarasa (9), Mayer (15), Ugarabe (2) -cinco inicial- Zubizarreta, Oroz, Garrett (8), Iradier (8), Urtxulutegi.
PEIXEGALEGO (76): Manu Ferreiro (4), Izquierdo (4), Ike Azotam (22), Javier Medori (3), Blair (21) -cinco inicial- Darío Suárez (11), Podkovyrov, Rogers (4), Rey (3), Al Rapier (4).
Árbitros: Bravo Loroño e Urbano Miranda. Sen eliminados.
Parciais: 18-23, 22-18, 21-11, 22-24.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal de Azpeitia.