Derrota para o Leis Feminino no seu debut ligueiro ante o Soto del Real (3-6)
Por Redacción
Demasiado rival foi para o Leis Femenino un dos candidatos ao ascenso, o Soto del Real, que se levou os tres puntos do Municipal na estrea ligueira na Segunda División de fútbol sala.
As pontevedresas plantaron cara ao seu rival, recén descendido da máxima categoría, pero remataron cedendo na segunda metade.
As visitantes puxéronse 0-2 nun inicio fulgurante, pero tras o segundo tanto o Leis reaccionou e pronto logrou recortar distancias cun tanto de Gema.
Aínda que o Souto do Real chegaba tamén con claridade, foron as lerezanas as que lograron empatar pouco antes do descanso co segundo gol de Gema tras un preciso pase de Adriana.
Así se chegou ao intermedio, pero na segunda metade o guión repetiuse coas visitantes logrando unha renda de dous tantos e aínda que Natalia poñía o 3-4, nos minutos finais chegou a sentenza cun Leis envorcado.
LEIS PONTEVEDRA (3): Helena, Ana, Gema, Mª Dolores, Bibiana, Tamara, Natalia, Adriana, Carmen, Mar, Jessica, Sara.
SOTO DEL REAL FSF (6): Anita, Pitu, Chili, Patri, Belén, Coral, Anilla, Isabel, Senis, Martica, Tayra, Helen.