O balón parado e a rigorosidade arbitral apean do liderado o Xuventú Sanxenxo (0-3) fronte ao Bergantiños
Por Redacción
O acerto do Bergantiños nas accións a balón parado e a rigorosidade arbitral, que deixou ao Xuventú Sanxenxo en inferioridade, expulsando a Hugo no último minuto do primeiro tempo, custou ao equipo amarelo o partido e o liderado.
Os visitantes adiantáronse pouco despois da media hora de xogo, ao rematar de cabeza Álex Canedo unha falta lateral. Logo viría a vermella directa a Hugo, moi protestada pola afección local.
A sentenza chegaría a pouco de comezar a segunda metade, de novo nunha xogada de estratexia. Unha falta executada por Roberto Piñeiro a remata Sergio sen oposición. Germán pecharía a conta na recta final, xa co equipo local entregado.
XUVENTÿ SANXENXO (0): Vila; Diego Peña, Suso Martínez, Guille (Dani Muradás, min. 69), Alfonso; Héctor, Jonathan, Cuchi (Rubén, min. 79), Hugo, Diego González (Deivi, min. 46); e Ramón.
BERGANTIÿOS CF (3): Cristopher; Borja Facal, Sergio, Álex Canedo, Becerra, Germán, Moreira, David García (Toni, min. 79) Gonzalo (Alexandre, min. 62), Roberto Piñeiro (Josiño, min. 76) e Astray.
Árbitro: Iván Abel Bruzos (Lugo), auxiliado nas bandas por José Manuel Alvariño Cruña e Rubén Folgueira Ríos. Expulsou con vermello directo o xogador local Hugo (minuto 44). Amoestou a Héctor e Diego González, polos locais e a Becerra e Sergio polos visitantes.
Goles: (0-1) Minuto 32: Álex Canedo. (0-2) Minuto 55: Becerra. (0-3) Minuto 77: Germán.
Incidencias: Campo municipal de Baltar de Arriba (Sanxenxo). Uns 200 espectadores.